A FEIRA

Convocada pola Asociación de Produtores Ecolóxicos de Galicia (APEGA), Nonéomesmo e a Fundación Santiago Centro, Área Comercial, o centro comercial aberto do Ensanche de Santiago, Compostela ECO&ART celebrarase na Praza Roxa de Santiago de Compostela de xeito quincenal, o segundo e cuarto sábados de
dos meses de maio, xuño e xullo de 2018.

O Mercado ECO&ART conta coa colaboración do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) e do Concello de Santiago de Compostela.

Continuadora dos mercados ART&ECO realizados en anos anteriores, nace co obxectivo de asentarse como unha Feira Ecolóxica estable na cidade de Santiago. Na súa edición quincenal, Compostela Eco&Art consta de:

– Exposición comercial: produtos ecolóxicos, artesanía de autor.
– Programa de Actividades de lecer e formación, dirixidas ao público infantil, sobre temas vinculados coa agricultura e o medio natural; e de actividades lúdicas como campionatos de chave ou actuacións musicais.
– Conferencias sobre alimentación saudable e vida sá.

DATAS DE CELEBRACIÓN:
Maio: sábados días 12 e 26
Xuño: sábados días 9 e 23
Xullo: sábados días 7 e 14
Horario apertura ao público: 11.00 a 19.00h.